Ir ao contido

Protección de datos

CONDICIÓNS XERAIS DE USO E POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Agora debe ler atentamente estas condicións de uso antes de utilizar este sitio web. A utilización deste sitio web supón que o usuario recoñece implicitamente que acepta as condicións. Se non estás de acordo con estas, ou tes algunha dúbida, pregámosche que non te rexistres nin utilices este sitio web.

Responsable do tratamento de datos

Denominación: Fundación Eguía-Careaga

Enderezo: C/ General Etxague 10, 20003 Donostia-San Sebastián

Tfno.: 943 423 656

NIF: G20058897

A páxina web www.cedd.net ten como propósito principal informar e facilitarlles información aos cidadáns sobre os servizos do Centro Español de Documentación sobre Discapacidade (CEDD), centro dependente do Real Padroado sobre Discapacidade xestionado pola FUNDACIÓN EGUÍA-CAREAGA.

O Centro Español de Documentación sobre Discapacidade, de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais (RXPD), asume as obrigas legais en materia de protección de datos de carácter persoal, especialmente no referido ao seguinte:

a) A existencia de ficheiros ou tratamentos con datos de carácter persoal.

b) A finalidade da recollida de datos.

c) Os destinatarios da información.

d) O carácter facultativo ou obrigatorio das preguntas que fagamos.

e) As consecuencias da obtención dos datos ou da negativa a fornecelos.

f) A posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

g) A identidade e o enderezo do responsable do tratamento ou, no seu caso, do seu representante.

Con que fin se van tratar os datos

Os datos proporcionados no formulario de contacto utilizaranse única e exclusivamente para mantelo informado sobre a actualidade e as noticias que afecten o Centro Español de Documentación sobre Discapacidade.

Conservación dos datos

Os datos conservaranse mentres non exercite o seu dereito de cancelación destes. Periodicamente poderíaselles realizar unha consulta ás persoas interesadas para coñecer se se segue mantendo o interese en recibiren información do Centro Español de Documentación sobre Discapacidade co fin de manter actualizada a base de datos de contactos.

Obtención dos datos

Os datos afectados por este tratamento son datos que nos facilitaron as propias persoas interesadas, e que nos autorizaron a usar, previa información. Infórmase o usuario de que os seus datos serán incorporados a algún ficheiro automatizado, cuxo responsable é a FUNDACIÓN EGUÍA-CAREAGA.

Os datos tratados son: apelidos, correo electrónico e identificación.

A quen se lles vai comunicar os seus datos

Non se vai realizar comunicación de datos a terceiras empresas, agás obriga legal. No caso de ter intención de facelo, primeiro obteríase a autorización das persoas afectadas.

O Centro Español de Documentación sobre Discapacidade pode usar os servizos de empresas fóra do espazo europeo para tratar os datos (envío de mensaxes) como Mailchimp (The Rocket Science Group, LLC), coa cal se traballa ao abrigo do acordo EU-US Privacy Shield, da cal pode ver a súa política de privacidade no seu sitio web.

Dereitos

Calquera persoa ten dereito a saber se o Centro Español de Documentación sobre Discapacidade está tratando os seus datos persoais ou non.

Ten dereito a acceder aos seus datos persoais, o que supón poder coñecer que datos seus se están utilizando, con que fin e cal é o prazo de utilización, entre outras informacións. Isto inclúe tamén o dereito a solicitar a rectificación daqueles datos que sexan inexactos ou incompletos, e mesmo a solicitar a supresión cando os datos xa non sexan necesarios para os fins para os cales se recolleron.

No caso de que os seus datos persoais se tornasen públicos e a persoa responsable do tratamento estea obrigada a suprimir os datos, poderá solicitarlle a esta persoa que adopte medidas para notificar a todas aquelas persoas que traten os datos da súa intención de suprimir ditos datos (dereito ao esquecemento).

Nalgunhas circunstancias a persoa interesada poderá solicitar a limitación do tratamento. Nese caso os datos poderanse conservar co fin de exercer a defensa ou reclamacións. No caso de que se retire a limitación do tratamento, a persoa interesada deberá ser informada deste feito.

En certas situacións poderá oporse ao tratamento dos seus datos. Neses casos, o Centro Español de Documentación sobre Discapacidade deixará de tratar os seus datos, sempre que non existan outros motivos lexítimos imperiosos ou se vaian usar eses datos para o exercicio ou defensa de posibles reclamacións.

Ten dereito a recibir os datos facilitados a persoa responsable a quen lle incumban ou a que estes datos se lle transmitan a outra persoa responsable do tratamento.

As persoas interesadas teñen dereito a presentaren una reclamación perante unha autoridade de control.

Para exercitar estes dereitos, os/as titulares dos datos poderán dirixir, en calquera momento, unha comunicación escrita ao Centro Español de Documentación sobre Discapacidade indicando o seu nome e DNI, ao enderezo: C/ Serrano 140 28006. MADRID.